Carlos Menditeguy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1914 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 27 de abril de 1973 (58 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Lugar de sepultura | Cemitério da Recoleta (pt) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, piloto de Fórmula Un, Xogador de polo, piloto de automobilismo |
Deporte | polo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carlos Alberto Menditeguy, nado en Buenos Aires o 10 de agosto de 1914 e finado o 27 de abril de 1973[1] foi un piloto de carreiras e xogador de polo arxentino. Participou en 11 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, logrando un podio, e anotando un total de nove puntos de campionato.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi todo un deportista. No polo chegou ao maior hándicap posible, 10. Unha vez apostou que en só tres meses lograría ser scracht, é dicir, lograr a suma ideal de golpes, o par do campo. Roberto De Vicenzo comentou: "Souben desa aposta e dixen 'non o consegue nin tolo'. Pero fíxoo e é marca mundial".[Cómpre referencia]
Menditeguy foi enterrado no Cemiterio de La Recoleta en Bos Aires.
Brigitte Bardot
[editar | editar a fonte]Estábase por disputar un dos Grandes Premios de Fórmula 1 do ano 1956 e Carlos Menditeguy era un dos pilotos oficiais da casa Maserati. O arxentino sen aviso previo, faltou á cita nos adestramentos e tamén para a carreira. Os directivos da marca, atónitos e cheos de preocupación, non se explicaban o ocorrido. Pouco despois a causa saíu á luz. Charly estaba na Costa Azul en compañía dunha famosa actriz francesa: Brigitte Bardot. Obviamente, iso causou a desafectación do equipo por indisciplina. Con todo, coa maior naturalidade contestou: non era unha oportunidade para desprezar ¿non?.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Equipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX Ret |
500 | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | NC | 0 | ||
1954 | Onofre Marimón | Maserati A6GCM/250F | Maserati 6 en liña | ARX NTS |
500 | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | ESP | NC | 0 | ||
1955 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX Ret |
MON | 500 | BEL | NED | GBR | ITA 5 |
19º | 2 | ||||
1956 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX Ret |
MON | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | NC | 0 | |||
1957 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARx 3 |
MON Ret |
500 | FRA Ret |
GBR Ret |
ALE | PES | ITA | 14º | 4 | |||
1958 | Scuderia Sud Americana | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX 7 |
MON | NED | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | MAR | NC | 0 |
1960 | Scuderia Centro Sud | Cooper T51 | Maserati Straight-4 | ARX 4 |
MON | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | POR | ITA | USA | 19º | 3 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.