Festival de Eurovisión 2010
Festival de Eurovisión 2010 "Share the Moment" | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 27 de maio |
Semi-final 2 | 29 de maio |
Final | 25 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Telenor Arena, Oslo, Noruega |
Presentador(es) | Erik Solbakken Haddy N'jie Nadia Hasnaoui |
Supervisor executivo | Svante Stockselius |
Televisión anfitrioa | Norsk rikskringkasting (NRK) |
Apertura | Final: Alexander Rybak cantando "Fairytale" |
Participantes | |
Participantes | 39 |
Países que retornan | Xeorxia |
Países que se retiran | Andorra República Checa Hungría Montenegro |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | "Satellite" |
Festival de Eurovisión | |
◄2009 2011► |
O LV Festival de Eurovisión celebrouse entre o 25 e o 29 de maio[1]. Estas datas foron escollidas para non coincidir coa final da UEFA Champions League, que tivo lugar o sábado 22 de maio. O festival celebrouse en Oslo, capital de Noruega, logo de que outras cidades por exemplo Bergen (sede en 1986), Lillehammer, sede do Festival de Eurovisión Infantil 2004, Hamar, Trondheim, Stavanger e Tromsø, quixesen adxudicarse a opción de ser sedes. O lugar onde se realizou foi o Fornebu Area situado a 15 minutos de Oslo. O festival realizárono os noruegueses tras gañaren o Festival da Canción de Eurovisión 2009 con Alexander Rybak e a súa canción Fairytale con 387 puntos. As televisións de Austria, Mónaco, Italia e Luxemburgo confirmaron que non ían participar no certame. Con todo, agardouse o debut de Liechtenstein para a edición de 2010. Na rolda de prensa o 13 de maio de 2009, a UER confirmou que países como Kazajstán, Palestina ou Qatar non participarían no futuro no festival por non formaren parte da Zona Europea de Radiodifusión. Con todo, esta información é debatida debido a que a televisión palestina PRTV foi admitida na UER.
Organización
[editar | editar a fonte]Sorteo Semifinais
[editar | editar a fonte]O 7 de febreiro do 2010, realizouse o sorteo para decidir que países participarían na primeira ou na segunda das semifinais do festival. A orde de votación para a final sorteouse o 22 de marzo de 2010. Baseándose no mesmo sistema empregado no Festival de Eurovisión 2008, todos os países foron separados en cinco bombos en función do seu historial de voto nas anteriores edicións e da súa situación xeográfica. O sorteo realizouse para garantir que os países participantes dispostos a dar as puntuacións máis altas uns ós outros na competencia, non participaran na semifinal do mesmo. Destes cinco bombos sairá a lista de países que participen na primeira ou na segunda semifinal, dividíndoos en dous grupos organizados do xeito máis xusto posible. No sexto bombo só participaran Alemaña, España, Francia, Reino Unido e Noruega co fin de designar que país votará e retransmitirá polo menos unha das semifinais.
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 | Bombo 5 | Bombo 6 |
---|---|---|---|---|---|
Ó rematar o sorteo do 7 de febreiro de 2010, as semifinais quedaron establecidas do seguinte xeito:
1.ª Semifinal 25 de maio de 2010 |
2.ª Semifinal 27 de maio de 2010 | ||
---|---|---|---|
Serbia Finlandia Rusia Eslovaquia Bosnia e Hercegovina Moldova Letonia Estonia |
Grecia Islandia Malta Portugal Macedonia do Norte Belarús Bélxica Polonia Albania |
Suíza Lituania Suecia Ucraína Dinamarca Acerbaixán Israel Armenia |
Xeorxia Turquía Irlanda Eslovenia Países Baixos Bulgaria Croacia Chipre Romanía |
Alemaña España Francia |
Noruega Reino Unido |
Preparativos estruturais
[editar | editar a fonte]A pesar de que a primeira das semifinais é o 25 de maio de 2010, os traballos no Telenor Arena para a montaxe do escenario comezarán o día 20 de abril de 2010. Toda a estrutura estará rematada o 10 de maio de 2010, data na que comezan os traballos de son e creación dos gráficos para as actuacións dos diferentes países participantes. O día 30 de maio de 2010, xa rematado o certame comezará o desmantelamento de toda a estrutura.
Festival
[editar | editar a fonte]Semifinais
[editar | editar a fonte]A primeira semifinal será o 25 de maio de 2010 e a segunda semifinal será o 27 de maio de 2010 onde 17 candidaturas en cada gala tentarán chegar á final, onde xa se atopan, como é habitual, o anfitrión e o Big 4. En febreiro, por sorteo, definirase a que semifinal corresponde cada país. O 22 de marzo sortearase a posición de cada participante na semifinal correspondente.
Primeira semifinal
[editar | editar a fonte]Nesta semifinal votaron ademais dos participantes: España, Francia e Alemaña.
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
01 | Moldova | Sunstroke Project & Olia Tira | Run Away | 10 | 52 |
02 | Rusia | Peter Nalitch | Lost and forgotten | 7 | 74 |
03 | Estonia | Malcolm Lincoln | Siren | 14 | 39 |
04 | Eslovaquia | Kristína | Horehronie | 16 | 24 |
05 | Finlandia | Kuunkuiskaajat | Työlki ellää | 11 | 49 |
06 | Letonia | Aisha | What for? (only Mr God knows why) | 17 | 11 |
07 | Serbia | Milan Stanković | Ovo je Balkan | 5 | 79 |
08 | Bosnia e Hercegovina | Vukasin Brajic | Thunder and lightning | 8 | 59 |
09 | Polonia | Marcin Mroziński | Legenda | 13 | 44 |
10 | Bélxica | Tom Dice | Me and my guitar | 1 | 167 |
11 | Malta | Thea Garret | My dream | 12 | 45 |
12 | Albania | Juliana Pasha | It's all about you | 6 | 76 |
13 | Grecia | Giorgos Alkaios | OPA! | 2 | 133 |
14 | Portugal | Filipa Azevedo | Há dias assim | 4 | 89 |
15 | Macedonia do Norte | Gjoko Taneski | Jas ja imam silata | 15 | 37 |
16 | Bélxica | 3+2 e Robert Wells | Butterflies | 9 | 59 |
17 | Islandia | Hera Björk | Je ne sais quoi | 3 | 123 |
Segunda semifinal
[editar | editar a fonte]Nesta semifinal votaron ademais dos participantes: Noruega e o Reino Unido.
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
01 | Lituania | InCulto | East European Funk | 12 | 44 |
02 | Armenia | Eva Rivas | Apricot stone | 6 | 83 |
03 | Israel | Harel Skaat | Milim | 8 | 71 |
04 | Dinamarca | Chanée & N'evergreen | In a moment like this | 5 | 101 |
05 | Suíza | Michael von der Heide | Il pleut de l'or | 17 | 2 |
06 | Suecia | Anna Bergendahl | This is my life | 11 | 62 |
07 | Acerbaixán | Safura Alizade | Drip drop | 2 | 113 |
08 | Ucraína | Alyosha | Sweet people | 7 | 77 |
09 | Países Baixos | Sieneke | Ik ben verliefd (Sha-la-lie) | 14 | 29 |
10 | Romanía | Paula Seling & Ovi | Playing with fire | 4 | 104 |
11 | Eslovenia | Roka Žlindre & Kalamari | Narodno Zabavni Rock | 16 | 6 |
12 | Irlanda | Niamh Kavanagh | It's for you | 9 | 67 |
13 | Bulgaria | Miro | Angel si ti | 15 | 19 |
14 | Chipre | Jon Lilygreen & The Islanders | Life looks better in spring | 10 | 67 |
15 | Croacia | Feminnem | Lako je sve | 13 | 33 |
16 | Xeorxia | Sopho Nizharadze | Shine | 3 | 106 |
17 | Turquía | maNga | We could be the same | 1 | 118 |
Final
[editar | editar a fonte]A final do evento celebrouse o día 29 de maio de 2010. Os dez países clasificados de cada semifinal participaron xunto aos cinco clasificados directamente (Big Four e o Anfitrion)
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts |
---|---|---|---|---|---|
01 | Acerbaixán | Safura Alizade | Drip drop | 5 | 145 |
02 | España | Daniel Diges | Algo pequeñito | 15 | 68 |
03 | Noruega | Didrik Solli-Tangen | My heart is yours | 20 | 35 |
04 | Moldova | Sunstroke Project & Olia Tira | Run away | 22 | 27 |
05 | Chipre | Jon Lilygreen & The Islanders | Life looks better in spring | 21 | 27 |
06 | Bosnia e Hercegovina | Vukasin Brajic | Thunder and lightning | 17 | 51 |
07 | Bélxica | Tom Dice | Me and my guitar | 6 | 143 |
08 | Serbia | Milan Stanković | Ovo je Balkan | 13 | 72 |
09 | Belarús | 3+2 e Robert Wells | Butterflies | 24 | 18 |
10 | Irlanda | Niamh Kavanagh | It's for you | 23 | 25 |
11 | Grecia | Giorgos Alkaios | OPA! | 8 | 140 |
12 | Reino Unido | Josh Dubovie | That sounds good to me | 25 | 10 |
13 | Xeorxia | Sopho Nizharadze | Shine | 9 | 138 |
14 | Turquía | maNga | We could be the same | 2 | 170 |
15 | Albania | Juliana Pasha | It's all about you | 16 | 62 |
16 | Islandia | Hera Björk | Je ne sais quoi | 19 | 41 |
17 | Ucraína | Alyosha | Sweet people | 10 | 108 |
18 | Francia | Jessy Matador | Allez! Ola! Olé! | 12 | 82 |
19 | Romanía | Paula Seling & Ovi | Playing with fire | 3 | 162 |
20 | Rusia | Peter Nalitch | Lost and forgotten | 11 | 90 |
21 | Armenia | Eva Rivas | Apricot stone | 7 | 141 |
22 | Alemaña | Lena Meyer-Landrut | Satellite | 1 | 246 |
23 | Portugal | Filipa Azevedo | Há dias assim | 18 | 43 |
24 | Israel | Harel Skaat | Milim | 14 | 71 |
25 | Dinamarca | Chanée & N'evergreen | In a moment like this | 4 | 149 |
- O representante español Daniel Diges viuse obrigado a repetir a súa actuación ao final debido a infiltración dun espontáneo durante a súa actuación.
Máximas puntuacións
[editar | editar a fonte]Trala votación os países que recibiron 12 puntos foron os seguintes:
N. | A | De |
---|---|---|
9 | Alemaña | Dinamarca, Eslovaquia, España, Estonia, Finlandia, Letonia, Noruega, Suecia, Suíza |
5 | Dinamarca | Eslovenia, Irlanda, Islandia, Polonia, Romanía |
4 | Acerbaixán | Bulgaria, Malta, Turquía, Ucraína |
4 | Grecia | Albania, Bélxica, Chipre, Reino Unido |
3 | Turquía | Acerbaixán, Croacia, Francia |
3 | Armenia | Israel, Países Baixos, Rusia |
2 | Xeorxia | Armenia, Lituania |
1 | Bélxica | Alemaña |
1 | Bosnia e Hercegovina | Serbia |
1 | Serbia | Bosnia e Hercegovina |
1 | España | Portugal |
1 | Chipre | Grecia |
1 | Rusia | Belarús |
1 | Albania | Macedonia do Norte |
1 | Romanía | Moldova |
1 | Belarús | Xeorxia |
Países retirados
[editar | editar a fonte]- Andorra: O director de Ràdio i Televisió d'Andorra, Enric Castellet, enviou o 11 de decembro de 2009 unha carta a Unión Europea de Radiodifusión, mediante a cal, a cadea renunciaba a participar na próxima edición do Festival. Nun principio, Andorra inscribirase no certame sen ter suficiente presuposto para afontar o proxecto (300.000€ polo menos para un financiamento decente segundo a directiva da cadea). Finalmente non se acadou ningún acordo económico.
- Hungría: A cadea pública Magyar Televízió confirmou a súa retirada do festival debido ás dificultades financeiras que presentará a empresa de radiodifusión nacional húngara no 2010, que implican un recorte no seu presuposto de ata un 30%. Porén, a UER estableceu conversacións cos executivos da cadea e con representantes do goberno húngaro para reconsiderar estes recortes orzamentarios.[2]
- Montenegro: A cadea pública Radio-televizija Crne Gore anunciou a súa retirada argumentando dificultades económicas.[3]
- República Checa: A cadea pública Česká televize confirmou a súa retirada debido ós malos resultados obtidos nas pasadas edicións do Festival e na falta de interese por parte do público checo.
Incidentes
[editar | editar a fonte]- Durante a actuación de España, en segundo lugar, un espontáneo saltou ao escenario a sabotar a actuación. Daniel Diges seguiu cantando como se nada pasase e a seguridade do Telenor Arena fíxose cargo de Jimmy Jump, o espontáneo. A organización decidiu tralo incidente repetir a actuación despois do último participante, Dinamarca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=5715
- ↑ http://www.oikotimes.com/v2/index.php?file=articles&id=6775 Arquivado 06 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.. EBU urges MTV to reconsider budget cuts. Oikotimes.com. Data:8-11-2009
- ↑ http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=5981&idioma Montenegro no estará en Eurovisión 2010 Ed:Eurovision-spain.com. José García Hernández. Data 17-11-2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Moscova 2009 |
Festival de Eurovisión 2010 |
Sucesor: Düsseldorf 2011 |