Sir Héctor
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O medio irmán de Lancelot.
Sir Héctor (tamén chamado Ector, Antor ou Ectorius) é un personaxe das historias do rei Artur e os cabaleiros da Mesa Redonda de Camelot. Sir Héctor é o pai de Sir Kay, e padrasto de Artur. Ás veces menciónase como un rei e non só como un Señor, e ten propiedades en Londres e na provincia. T. H. White menciona que as súas terras están no Bosque Salvaxe, o cal foi retomado por autores posteriores.
Héctor aparece na obra de Robert de Boron, e tamén no ciclo Lancelot-Graal e obras posteriores, incluíndo A morte de Artur. Nestas versións da lenda, Héctor recibe a Artur cando este acaba de nacer, de mans de Merlín, quen non lle revela a identidade do infante. Héctor cría a Arturo xunto a Kay, o seu fillo biolóxico.