Excalibur
Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes. Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn[1], nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch[2], en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen,[3] Esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg"[4], que significaría "espada escintilante".
A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.
A obtención de Excalibur
[editar | editar a fonte]Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en Avalon, sen dar máis detalles.
No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.
A desaparición de Excalibur
[editar | editar a fonte]O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato.
Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.
Películas
[editar | editar a fonte]A espada dá nome á película Excalibur sobre o Rei Artur e as súas aventuras, dirixida en 1981 por John Boorman.
Así mesmo, é mencionada noutras películas como Merlin, do director Steve Barron, en 1998, facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata.
Ademais, existe unha película titulada A lenda de Excalibur, tamén chamada A última lexión, na cal se conta que a espada pertencía a Xulio César e foi atopada polo seu descendente Rómulo Augústulo, quen mudou o seu nome a Pendragon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bergin, Osborn (1957-09). "Early Irish history and mythology. By Thomas F. O’Rahilly. Pp. x, 568. Dublin: Institute for Advanced Studies. 1946. 25s.". Irish Historical Studies 10 (40): 416–425. ISSN 0021-1214. doi:10.1017/s0021121400016692.
- ↑ "Caledfwlch".
- ↑ Lloyd-Morgan, Ceridwen; Busby, Keith; Dalrymple, Roger (2004). Arthurian Literature XXI: Celtic Arthurian Material (en inglés). DS Brewer. ISBN 978-1-84384-028-2.
- ↑ THURNEYSEN, R. (1912). "ZUR IRISCHEN GRAMMATIK UND LITTERATUR". Zeitschrift für celtische Philologie 8 (1). ISSN 0084-5302. doi:10.1515/zcph.1912.8.1.64.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Excalibur |