Camelot
Camelot é o nome da fortaleza do lendario Rei Artur, lugar desde o cal emprendeu moitas das batallas que realizou durante a súa vida.
Referencias xeográficas
[editar | editar a fonte]A súa situación concreta descoñecese actualmente e podería ser unha provincia romano-británica ficticia da Bretaña posromana. A cidade mencionouse a primeira vez no poema Lancelot, o Cabaleiro da Carreta de Chrétien de Troyes, onde non parece tan importante como chegaría a ser na lenda artúrica. Dado que a situación de Camelot segue sendo un misterio, a verdade sobre ela —se chegou a existir— aínda non se coñece. Entre os posibles lugares que poden corresponder con Camelot inclúense:
- O castelo de Cadbury.
- O castelo de Tintagel.
- Viroconium.
- Caerleon-on-Usk, no sur de Gales.
- O castelo de Dinerth, cerca do río Arth, ao oeste de Gales.
Aínda que o nome «Camelot» pode derivar de Camulodunum (nome romano da actual Colchester), fortaleza dos reis catuvellaunos e máis tarde capital provincial da Britannia romana, a súa localización en Essex (na Anglia oriental) sitúaa no rei anglosaxón equivocado.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Camelot é un musical escrito por Alan Jay Lerner e Frederick Loewe, vagamente baseado na lenda d rei Artur tal como se adaptou na novela de T. H. White na súa novela homónima.
- Camelot é unha película dirixida por Joshua Logan en 1967, interpretada por Richard Harris, Vanessa Redgrave e Franco Nero, que adapta para a pantalla grande o musical de Loewe e Lerner.
- The Camulod Chronicles de Jack Whyte é unha serie de ficción histórica baseada na Bretaña romana e medieval e en torno á lenda artúrica.
- Na película dos Monty Python Os cabaleiros da mesa cuadrada e os seus tolos seguidores Camelot é cualificado de «lugar estúpido» polo rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda deciden non ir.
- Na serie de televisión Third Watch, os oficiais de policia alcuñan o seu distrito por «Camelot», debido á súa situación na esquina de King e Artur.