Enrique Heraclio Botana
Nome orixinal | (es) Enrique Heraclio Botana Pérez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de decembro de 1871 Mourente, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (64 anos) Cemiterio de Pereiró, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 10 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, sindicalista, impresor |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Enrique Heraclio Botana Pérez, nado en Mourente (Pontevedra)[1] o 4 de decembro de 1871 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un dirixente socialista galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era medio irmán de Manuel Portela Valladares. Traballou como tipógrafo en Vigo, sendo un dos fundadores da UXT nesa cidade. Foi elixido presidente da Agrupación Socialista de Vigo, director do diario Solidaridad dende 1901, e organizador da folga de tipógrafos de 1905.
En 1913 foi elixido concelleiro en Vigo polo PSOE. Presidente da Casa do Pobo da cidade, en 1931 foi un dos políticos e sindicalistas que proclamou a Segunda República en Vigo. Pouco despois, foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Defendeu a alianza dos socialistas cos sectores republicanos, se ben a radicalización do seu partido e a revolución de 1934 apartárono da política.
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Vigo, onde formaba parte do comité da Fronte Popular, e foi arrestado polos sublevados xunto a outros dirixentes de esquerda da cidade[3]. Foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, sendo fusilado o 20 de agosto no camposanto de Pereiró xunto a outras personalidades como o alcalde Emilio Martínez Garrido ou os deputados Antonio Bilbatúa Zubeldía e Ignacio Seoane Fernández[4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pablo Iglesias e Heraclio Botana en Vigo, nunha visita do fundador do PSOE e a UGT.
-
Heraclio Botana (de pé) e Martínez Garrido nun acto socialista en Vigo.
-
Enrique Botana, retrato en Vida Gallega, 1928.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La UGT de Vigo. Una aproximación histórica, de Antonio Manuel Chaves Cuiñas, editado pola Fundación Luis Tilve (1998), ISBN 84-921045-8-9. «Na cidade de Pontevedra ─contrariamente ao escrito por moitos ata a data─ nacía o 4 de decembro de 1871 Enrique Heraclio Botana [...]» (traducido do castelán). Aparece unha imaxe da acta de nacemento.
- ↑ Mosquera, Javier: "Líder socialista y fundador de la UGT en Vigo" Faro de Vigo, 2/6/2013 (en castelán).
- ↑ Galicia mártir Arquivado 02 de decembro de 2012 en Wayback Machine., de Hernán Quijano.
- ↑ Asasinados en Vigo durante a Guerra Civil.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heraclio Botana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 128.
- Pérez Agulla, Guillerme (2007). Fundación Luís Tilve, ed. "Enrique Heraclio Botana". Claridade. setembro (Especial homenaxe): 7–23. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía en culturagalega.org
- Carbajo, Primitivo: "Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28/8/2008 (en castelán).