Simplificación da escritura chinesa
A simplificación dos caracteres chineses é o proceso de reforma da escritura chinesa que tivo lugar na segunda metade do século XX, cando o goberno da República Popular da China promoveu a adopción dun sistema de caracteres simplificados (
Por simplicidade, neste artigo os termos en chinés aparecen soamente en caracteres tradicionais, seguidos da transcrición hànyǔ pīnyīn.
Antecedentes históricos[editar | editar a fonte]
Durante a primeira metade do s. XX foron moitos os intelectuais chineses que, ante o atraso relativo da China fronte ás potencias occidentais, defenderon a necesidade de acometer reformas profundas na sociedade chinesa. Un dos albos das ansias reformistas foi precisamente a linguaxe.
Por unha banda, o chinés clásico (
A pesar do ímpeto das ideas revolucionarias da época, a posibilidade de romanizar o idioma nunca estivo preto de volverse realidade xa que, por un lado, convertería en analfabetos a quen xa sabían ler e escribir, que terían que aprender un novo sistema, e, por outro, o apego dos chineses ao seu sistema de escritura facía difícil a aceptación dunha reforma tan radical. Esta segunda razón é talvez a máis importante, pois en vietnamita e en coreano, as outras dúas linguas que se escribían con caracteres chineses, o uso dos caracteres foi abolido, case na súa totalidade, ao longo do s. XX.
Fronte ao camiño radical seguido por vietnamitas e coreanos, na China, como no Xapón, acabaríase impondo a idea máis conservadora de modificar gradualmente o sistema de escritura substituíndo as formas normativas dalgúns caracteres de uso moi frecuente por outras máis simples. A este proceso chamóuselle simplificación dos caracteres chineses (
O primeiro intento de introducir caracteres simplificados levouno a cabo o Goberno do Kuomintang (KMT) no ano 1935, que promulgou unha lista oficial de 324 caracteres modificados. Nesa lista atopábanse xa algunhas formas populares de caracteres que serían adoptadas de novo polo Goberno da República Popular da China anos máis tarde (como 个 por
Tras a segunda guerra mundial, o Goberno xaponés decidiu adoptar de xeito oficial formas simplificadas para un número considerábel de caracteres. As simplificacións xaponesas, porén, foron moito máis moderadas que as que finalmente levaría a cabo o Goberno da República Popular da China.
A simplificación dos caracteres na República Popular[editar | editar a fonte]
Tras a proclamación da República Popular da China por Mao Zedong en 1949, o novo goberno comunista, á par que continuaba a política do KMT de promoción dunha lingua nacional baseada no dialecto pequinés, retomou o plan de reformar a escritura. En 1955 organizouse o Congreso Chinés para a Reforma da Escritura (
O proceso de simplificación continuou, en efecto, e en 1977 publicouse o Segundo Plan de Simplificación dos Caracteres Chineses (Proxecto) (
Esta última revisión de 1986 é a que está en vigor na actualidade na República Popular da China, excepto en Hong Kong e Macau.
Métodos de simplificación dos caracteres[editar | editar a fonte]
Substitución dun carácter por unha variante popular ou por unha forma arcaica. Exemplos:
Eliminación dunha parte do carácter. Exemplos:
Adopción dunha forma baseada no estilo de caligrafía cursiva. Exemplos:
Substitución da parte fonética dun carácter por outra con menos trazos. Exemplos:
Eliminación dun carácter para remprazalo cun homófono. Exemplos:
Neste caso, os caracteres da fileira de baixo existen tamén no sistema tradicional. O sistema simplificado fusiona nun só carácter o que eran dous ou máis caracteres, con significados diferentes, mais con pronuncia igual ou similar; isto reduce o número total de caracteres.
Argumentos a favor e en contra da simplificación[editar | editar a fonte]
A favor[editar | editar a fonte]
- Os defensores dos caracteres simplificados argumentan que os caracteres simplificados son moito máis doados de memorizar, de ler e de escribir debido ao seu menor número de trazos. Este foi o argumento orixinal que motivou a reforma. Na seguinte sección do artigo expóñense varias críticas a este enfoque.
- Ademais, os caracteres simplificados son moito máis rápidos de escribir a man. Aínda que esta idea parece indiscutíbel, os detractores afirman que as formas simplificadas poden ser útiles na escritura manuscrita de tipo persoal, do mesmo xeito que se en galego se escribe "q" por "que" ou "tm" por "tamén" en notas persoais, pero esta rapidez na escritura manuscrita non sería un argumento válido para substituír as formas tradicionais na escritura impresa ou en formato electrónico.
En contra[editar | editar a fonte]
- Os detractores da simplificación argumentan que os caracteres chineses son unha parte fundamental da cultura chinesa, nunha forma que permanecera a basicamente inalterada ata a reforma levada a cabo pola República Popular. En contra da propaganda das autoridades do Continente, que a miúdo presentaron a reforma como un simple exercicio de estandarización de formas populares tamén antigas, os detractores apuntan o feito de que unha gran parte dos caracteres simplificados son formas inventadas ou marxinais. Os caracteres tradicionais representarían as formas ortodoxas dos caracteres chineses tal como foron legados por unha tradición cultural milenaria. Os defensores da simplificación responden con que toda lingua evoluciona. Do mesmo xeito que o mandarín falado hoxe en día é moi diferente da lingua vernácula de hai varios séculos, non habería nada malo en reformar o sistema de escritura para facelo máis manexábel e sinxelo na sociedade actual.
- Tamén hai persoas que argúen que os caracteres simplificados son feos en comparación cos tradicionais. Esta idea, porén, é moi subxectiva. Outros responden que son os caracteres tradicionais os que resultan máis feos por unha recarga excesiva de trazos.
- Moitos chineses educados no sistema tradicional consideran que os caracteres simplificados son máis difíciles de diferenciar porque, ao contar con menos trazos, abundan os parecidos entre caracteres que orixinalmente eran moi distintos. Por exemplo, os caracteres 广 e 厂 (guǎng e chǎng, respectivamente) diferéncianse só por un pequeno trazo na súa forma simplificada, mentres que nas súas versións tradicionais,
廣 e廠 , son moito máis doados de distinguir. Hai moitos exemplos similares.
¿Son os caracteres simplificados realmente máis doados de aprender?[editar | editar a fonte]
A idea básica subxacente á reforma dos caracteres chineses é que un menor número de trazos fai que estes sexan máis doados de recordar.
Non está claro, porén, que esta idea sexa correcta. Moitos opositores da reforma afirman que un número de trazos menor non fai necesariamente que os caracteres sexan máis doados de aprender. Outras consideracións, como a simetría do carácter, ou a súa relación con outros similares, desempeñan un papel importante no proceso de memorización. Por exemplo, hai quen atopan máis doado recordar
Debe apuntarse, ademais, que existen numerosas inconsistencias nos caracteres simplificados. Por exemplo, o carácter
Situación nas comunidades chinesas fora da República Popular[editar | editar a fonte]
A pesar da súa reincorporación a China, Hong Kong e Macau continúan utilizando o sistema tradicional, incluso no ámbito administrativo. Antes da retrocesión a China, pensábase que as autoridades chinesas poderían levar a cabo unha política activa de promoción ou imposición dos caracteres simplificados nestes dous territorios tras a súa integración na República Popular. Ata o momento non foi así, e estes dous territorios continúan a usar case exclusivamente caracteres tradicionais.
En Taiwán, utilízanse soamente os caracteres tradicionais. Debido á rivalidade histórica entre o réxime da illa e o Partido Comunista Chinés, os caracteres simplificados foron considerados como unha reforma comunista, unha agresión máis á cultura tradicional por parte do réxime inimigo. Esta visión politizada da cuestión impediu calquera tipo de debate estritamente lingüístico sobre a simplificación.
Singapur é o único territorio fora da China continental que adoptou os caracteres simplificados de maneira oficial. Así, a prensa en chinés de Singapur utiliza caracteres simplificados. Non obstante, o uso dos caracteres tradicionais é maioritaria nos rótulos comerciais en chinés, e as librerías venden moitas edicións de libros chineses en caracteres tradicionais.
O caso de Malaisia é máis complexo. Neste país os chineses son minoría e non houbo unha política oficial de promoción dun sistema sobre doutro. Os xornais en chinés utilizan frecuentemente unha mestura de caracteres simplificados e tradicionais, usando os primeiros no corpo dos artigos, e os segundos nos titulares. A publicidade tamén utiliza maioritariamente os caracteres tradicionais.
En canto ás comunidades chinesas noutras partes do mundo, pode dicirse que o uso dos caracteres tradicionais segue sendo maioritario nos países onde houbo unha comunidade chinesa desde hai varias décadas, como os Estados Unidos, Australia e o Reino Unido, mentres que en países onde a inmigración chinesa é recente, como España, predomina o uso de caracteres simplificados.
Conclusión[editar | editar a fonte]
A lingua chinesa atópase na actualidade nunha certa situación de cisma respecto á súa forma escrita. Mentres que a China continental utiliza os caracteres simplificados, Taiwán, Hong Kong e Macau continúan utilizando o sistema tradicional. Non parece probábel que esta situación vaia a cambiar nun futuro próximo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Norman, Jerry, Chinese, Cambridge Language Surveys, Cambridge University Press, Cambridge, 1988 (ISBN 0-521-29653-6).
- Ping Chen, Modern Chinese. History and Sociolinguistics, Cambridge University Press, Cambridge, 1999 (ISBN 0-521-64572-7).
- Ramsei, S. Roberts, The Languages of China, Princeton University Press, Princeton, 1989 (ISBN 0-691-01468-X).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- (inglés) Dificultades e complexidades da conversión de caracteres tradicionais a simplificados Arquivado 07 de marzo de 2005 en Wayback Machine.
- (inglés) Unha lista de caracteres simplificados xunto coa forma tradicional
- (inglés) Os 3.000 caracteres chineses máis comúns
- (inglés) Ferramenta de conversiónArquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
- (inglés) Current Tasks of Reforming the Written Language. Tradución ao inglés dun discurso pronunciado polo primeiro ministro da República Popular da China Zhou Enlai o 10 de xaneiro de 1958 sobre a reforma da lingua escrita e a promoción do mandarín.
- (inglés) Simplified Chinese Characters. Comentario sobre a simplificación de caracteres, con análise concretos de incoherencias nalgunhas formas simplificadas, en www.zhongwen.com (en inglés).