Yukio Mishima
Yukio Mishima (
En 1988 creouse o premio Mishima para honrar a súa vida e obra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Yukio Mishima era o nome artístico utilizado por Kimitake Hiraoka (
Aos doce anos Kimitake volveu vivir cos seus pais e comezou a escribir as súas primeiras historias. Matriculouse nun colexio de elite en Tokio e seis anos despois publicou nunha revista literaria un conto que posteriormente foi editado en libro. O seu pai, un funcionario do goberno, estaba totalmente en contra das súas pretensións literarias. Nesa época adoptou o pseudónimo Yukio Mishima, en parte para ocultar os seus traballos literarios do coñecemento paterno. Foi recrutado polas forzas xaponesas durante a segunda guerra mundial, mais quedou fóra das liñas da fronte por motivos físicos e de saúde.[3] Este feito converteuse nun factor de gran remorso para Mishima que testemuñou a morte dos seus compatriotas e perdeu a oportunidade de ter unha morte heroica. Forzado polo seu pai, matriculouse na universidade de Toquio onde se formou en dereito. Trala graduación conseguiu un emprego no Ministerio de Finanzas.[4] No entanto, desgustouse tanto que acabou por convencer o seu pai a aceptar a súa carreira literaria. O seu pai, rudo e disciplinante dixo que xa que era escritor era mellor que se converterse no mellor escritor que o Xapón vise.
Inicio da carreira literaria
[editar | editar a fonte]Mishima tiña 24 anos cando publicou Confesións dunha máscara (
Despois da publicación de Kamen no Kokuhaku, Mishima adquiriu unha posición máis realista e activa, intentando deixar atrás o mozo fráxil e obsesivo. Comezou a practicar artes marciais e alistouse no Exército de Autodefensa xaponés, onde, un ano despois, formou o Tatenokai (Sociedade da Armadura), unha entidade de extrema dereita composta de mozos estudantes de artes marciais que estudaban o bushido baixo a disciplina e tutela de Mishima. Casou en 1958 con Yoko Sugiyama, tendo con ela un fillo e unha filla. Nos últimos dez anos da súa vida, traballou como actor en filmes e codirixiu unha adaptación dunha das súas historias.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a1/Kami-shima_Island_-_Monument_of_the_work_of_Yukio_Mishima_%22The_Sound_of_Waves_-_Shiosai%22.jpg/220px-Kami-shima_Island_-_Monument_of_the_work_of_Yukio_Mishima_%22The_Sound_of_Waves_-_Shiosai%22.jpg)
Tentativa de golpe de estado e seppuku
[editar | editar a fonte]O 25 de novembro de 1970, Yukio Mishima, acompañado de 4 membros do Tatenokai, renderon o comandante do cuartel xeral das Forzas de Autodefensa xaponesas en Tokio. Realizou un discurso patriótico na tentativa de persuadir os soldados do cuartel a restituíren ao Emperador os seus poderes.[7] Notando a indiferenza dos soldados, Yukio Mishima cometeu seppuku, sendo asistido por Hiroyasu Koga, unha vez que Masakatsu Morita fallou no momento final.[8] A mañá antes da súa morte esciribiu:
A vida humana é finita mais a min me gustaría vivir para sempre
Crese que Mishima tiña o seu suicidio preparado durante un ano. Segundo John Nathan, o seu biógrafo, tradutor e amigo, tería creado este escenario só como pretexto para o suicidio ritual co que sempre soñou.[9]
Mishima reservaba para si unha individualísima marca de nacionalismo ao final da súa vida. Foi odiado pola extrema dereita, en particular polo seu compromiso declarado co bushido, o código de honra e conduta do samurai, e por nacionalistas tradicionais por causa da súa afirmación, no Bunka Bōeiron (
Cando morreu, Mishima tiña acabado de escribir O Mar da Fertilidade (
Obras principais
[editar | editar a fonte]Título en xaponés | Título traducido | Ano |
Kamen no Kokuhaku |
Confesións dunha máscara | 1948 |
Ai no Kawaki |
Sede de amor | 1950 |
Kinjiki |
Cores prohibidas | 1953 |
Shiosai |
O tumulto das ondas | 1954 |
Kinkaku-ji |
O pavillón dourado | 1956 |
Kyōko no Ie |
A casa de Kyoko | 1959 |
Utage no Ato |
Despois do banquete | 1960 |
Gogo no Eikō |
O mariñeiro que perdeu as grazas do mar | 1963 |
Kinu to Meisatsu |
Seda e visón | 1964 |
Mikumano Mōde (conto) |
Actos de adoración | 1965 |
サド Sado Kōshaku Fujin (obra de teatro) |
Madame de Sade | 1965 |
Yūkoku (conto) |
O patriotismo[10] | 1966 |
Manatsu no Shi |
Morte no verán | 1966 |
Hagakure Nyūmon |
O camiño do samurai | 1967 |
わが Waga Tomo Hittorā (obra de teatro) |
O meu amigo Hitler | 1968 |
Taiyō to Tetsu |
Sol e azo | 1970 |
豐饒 の海
Hōjō no Umi O mar da fertilidade tetraloxía: (1969-1970)
[editar | editar a fonte]Título en xaponés | Título traducido | Ano |
---|---|---|
I. Haru no Yuki |
1. Neve de primavera | 1969 |
II. Honba |
2. Cabalos en fuga | 1969 |
III. Akatsuki no Tera |
3. O templo da aurora | 1970 |
IV. Tennin Gosui |
4. A caída do anxo | 1970 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografia pela The Internet Movie Database
- ↑ Naoki Inose & Hiroaki Sato, Persona: A Biography of Yukio Mishima (Naoki Inose, Hiroaki Sato) (Stone Bridge Pr 2012)
- ↑ Mishima, Yukio (1957). わが
思春期 [My Puberty] (en Japanese). Myōjō, Shueisha. - ↑ 4,0 4,1 Artigo no jornal ingles “The Guardian”
- ↑ "Nomination Database: Yukio Mishima". Nobel prize. Consultado o 12-5-2016.
- ↑ Nobel Prize Organization
- ↑ Mishima, Yukio; O Hagakure; A Ética dos Samurais; (1987); p 9; Editora Rocco ltda.
- ↑ Biografía de Yukio Mishima
- ↑ Nathan, John. Mishima: A biography, Little Brown and Company: Boston/Toronto, 1974.
- ↑ Dende Xapón ao Carballiño coa maleta chea de libros e de lembranzas
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yukio Mishima ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ciber Museo Yukio Mishima Arquivado 09 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Museo Literario Yukio Mishima Arquivado 02 de xullo de 2017 en Wayback Machine.